Dieste para nós
Xa temos creada e publicada unha presentación interesante, pero queremos que sexa máis dinámica. Para iso, temos que completala ao mesmo tempo que a convertemos en vídeo.
A/ Completar a presentación.
Engadiremos unha conclusión partindo daqueles textos recollidos ao inicio da tarefa. Nunha diapositiva, cando menos, introduciremos a declaración de intencións “A min non me gusta escribir para que a xente se sinta máis canalla” e explicaremos, ao noso ver e tendo en conta todo o visto ata agora, que quixo dicir Dieste. Se nos segue parecendo difícil desvelalo, temos outra opción: reproducir o seu poema adicado a Castelao e comentar a súa temática e as referencias histórico-culturais que, agachadas baixo metáforas e símbolos, se poden aí localizar: que será a hermida, quen será o mozo lanzal, etc.
Tamén podemos poñerlles subtítulos animados a algunhas diapositivas (por exemplo: “A Etapa Nós: dúas décadas de esplendor e nostridade”, “Dieste: a narrativa máis ousada dos anos 20″). E pensamos xa no arquivo de audio que lle xuntaremos; se non propio, cando menos unha peza de música copyleft, como as de Jamendo ou de A Regueifa; abrimos un tema con extensión mp3 -coidaremos de que sexa axeitado e teña pouca ou ningunha letra, para que non interfira na lectura- e baixámolo ao computador para logo empregalo.
Na última diapositiva citaremos estas fontes (as orixes -nome dos sitios ou urls- do audio e das imaxes) e poremos os nosos nomes se non foron incluídos na portada.
B/ Converter en vídeo.
Dúas posibilidades (escolleremos a que se adecúe á nosa situación):
2. Se creamos as diapositivas en ZohoShow ou PreZentit, exportarémolas -como pdf, por exemplo- e converterémolas en imaxes. Logo empregaremos un programa ou unha aplicación para facer o vídeo; un programa como VideoSpin ou o propio Movie Maker; ou unha aplicación que, como case todas, require rexistro: Mixmoov (pode verse este titorial). En todos os casos, o funcionamento é moi intuitivo e permitirannos incorporar as nosas imaxes, audio e distintas animacións. |
Para finalizar a secuencia, tomamos o código do sitio no que aloxamos o vídeo e publicámolo no noso blogue acompañado dunha valoración do traballo realizado: que aprendemos, que dificultades atopamos…