Dieste. Investigamos o seu contexto

Imos recoller nun diagrama os feitos e as ideas básicas referidos ao contexto no que xorde a obra de Dieste. O proceso (que pode reencamiñarse continuamente coa guía de avaliación) será o seguinte:

1º) Teremos claro qué información precisamos para elaborar o diagrama, que é fundamentalmente:

    -que traballo cultural se realizou en Galiza nos anos 20 e 30,

    -impulsado por que organizacións e persoas,

    -con que obxectivos e resultados;

    – a que xeración pertence Dieste e que características e integrantes ten,

    – cales son as tendencias estéticas principais,

castelao
    – que ideas sobre a arte defende;

    —  como entende a escrita, especialmente a narrativa, o propio Dieste.

2º) Acudiremos ao sitio de Delicious referido na páxina de Recursos e iremos anotando nun post do noso blogue, como borrador, a información localizada. Cumprirá acudir a varias fontes, seleccionar ben e ir xa integrando datos e ideas, sen acumular bloques copiados e pegados. Teremos en conta que non nos interesan os datos biográficos do autor a non ser que se refiran ao seu labor político-cultural.

3º) Crearemos o diagrama en Gliffy (para o seu manexo, pode consultarse este exemplo-guía de uso). Organizaremos e presentaremos toda a información -sobre a escrita de Dieste no seu contexto- partindo dun núcleo temático, que será “Profundamento na modernización da literatura galega nos anos 20 e 30″. Del sairán os distintos elementos: labor impulsado polas Irmandades e Nós, xeración vangardista, obxectivos compartidos… No fondo do documento, citaremos as fontes empregadas, un par delas cando menos dixitais, xuntando as URLs. Partimos desta base (clicamos para ampliar):

Unha vez rematado, exportarémolo como JPEG (ou tomaremos a url da súa publicación como imaxe) e inserirémolo no borrador do blogue.

E antes de pasar á seguinte actividade, faremos unha autoavaliación segundo o cadro da páxina correspondente para comprobar se cómpre revisar o noso traballo ou non.

>> Obra

categories D